biografía

“Javier Otero Neira se sumerge con éxito y admirable refinamiento en el universo del Impromptu, a través de páginas de Chopin, Schubert y Fauré. Un valor a considerar”
Justo Romero – Revista Scherzo

Javier Otero forma parte dunha nova xeración de pianistas xóvenes españois con proxección nacional e internacional. Inicia os seus estudos musicais no seu pobo natal (A Estrada – Pontevedra) e continuou a súa formación no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.Actuou en directo para Radio Clásica e particpou en gravacións para a televisión de Croacia, TVE e TVG.

Conta con dous traballos discográficos: Impromptus (2015) e Galician Folk Songs (2016), xurdido da creación dun concurso de composición de obras para piano só con temática galega.

No seu achegamento a diferentes músicas, iniciou hai uns anos un proxecto co pianista de jazz Abe Rábade “Dúas visións a Dous pianos”.

Ademáis de intérprete, é o director artístico do Festival Piano Meeting, que celebrou a súa primeira edición no 2017 nas rúas de Ourense e creador do “Silent Wifi Music Experience”, concertos ao aire libre, no que o son chega ao público grazas a uns auriculares conectados á rede WiFi cun piano Yamaha Transacoustic C3X coa producción de 70 Mandarinas.

Especialmente reseñables foron as súas interpretacións na Fundación Juan March (Madrid), o Instituto Cervantes de Toquio e dentro do ciclo de pianistas “Ángel Brage” do Auditorio de Galicia, sendo o primeiro pianista español convidado; tamén foi o primeiro pianista galego en realizar unha xira ca Real Filharmonía de Galicia.
Fixo estreas de diversos compositores españois coma Fernando Buide, Octavio Vázquez e Juan Durán, e recentemente a reestrea da músia para piano inédita de Juan Montes.
Conta con dous traballos discográficos: Impromptus (2015) e Galician Folk Songs (2016).