biografía

Javier Otero defínese a sí mesmo como un artista polifacético e experimental. De formación clásica (iniciou os seus estudos no seu pobo natal, A Estrada, para rematalos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid), sempre estivo interesado na música de vangarda e en diversos estilos. É nestes anos cando forxa a súa personalidade como músico e pianista e desenrola o seu interese polos novos formatos de concertos e as novas músicas.
A súa versatilidade e interese en todo tipo de música levouno a firmar o seu contrato como Artista Yamaha en 2018. Gañador de primeiros premios en concursos nacionais e internacionais, decide emprender o seu propio camiño no mundo profesional.
Foi solista en varias ocasións coa Real Filharmonía de Galicia , Orquestra Xovigo entre outras. O seu compromiso ca música galega lévao a deseñar diferentes probramas, ademáis da convocatoria dun concurso de composiciión con inspiración na temática galega que incluiría no seu traballo discográfico anteriormente citado. Tamén reestrea obras de Juan Montes (en colaboración coa USC) ademáis do seu concerto no Instituto Cervantes de Toquio con obras de compositores galegos.
Javier Otero actuou para RNE-Radio Clásica, Radio Galega, TVG, TVE e Televisión croata.
Dende hai anos apostou pola creación do seu propio selo discográfico co que sacou ao mercado: “Impromptus” ( Schubert, Chopin, Fauré), “Galician Folk Songs” (Compositores galegos), “Vibrations” (Rautavaara, Prokofiev, Ginastera), “Intuition vol.I&II” (Javier Otero). O seu último disco, “Reconstruction”, é o que mellor o representa como artista global, no que mistura os sons do piano coa electrónica. Toda a música é da súa autoría.
O achegamento da música sempre foi unha tónica xeral ao longo da súa carreira, e especialmente aos máis xóvenes. Así pois, para poder tamén darlles oportunidades aos novos talentos, decide crear o Festival Piano Meeting, con pianos na rúa no que non só os profesionais poden participar, senón tamén os afeccionados ou xente que queira aprender. Ademáis dese proxecto, crea e realiza por primeira vez en España os “Silent Wifi Music Experience” (concertos ao aire libre nos que o son chega ao público a través duns auriculares mediante WIFI) e utilizanto un Yamaha Transacoustic.